IX TRIATLÓN CIDADE DE PONTEVEDRA
CAMPIONATO GALEGO DE TRIATLÓN CROS
Organiza:
Club Triatlón Galaico-Cidade de Pontevedra.
Federación Galega de Tríatlon
Colaboran:
IMD do Concello de Pontevedra
Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia
Xacobeo 2010
Data e hora:
Domingo 16 de agosto as 11.00 horas.
Control de Material: 10:00 a 10:45
Saída e meta: Illa das Esculturas.
Inscricións:
Inscrición limite 130 participantes, por orden de inscrición.
Prazo de inscrición ata o 12 de agosto ás 14:00 horas.
Non se admitirán inscricións incompletas ou fóra de prazo. Todas serán confirmadas na web
A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado Competicións /Inscricións.
Federados .-
Unha vez na carreira accederán cos códigos xa enviados a clubs e independentes no apartado inscricións á dereita da mesma.
Formalizase enviando o xustificante de pagamento por fax 982251345 ou mail fegatri@hotmail.com, 8 €
Licenzas 1 día:
Unha vez que acceda á carreira , realizarase a introdución de tódolos datos no formulario de inscrición que se abre á dereita da carreira (inscricións de licenzas de 1 día)
Formalizarase enviando (Copia do DNI e Xustificante de pagamento ó seu nome ) ó fax 982251345 ou mail fegatri@hotmail.com (10€ Lic+8 inscrición)18 €
O pagamento farase no Nº de conta da Federación Galega de Tríatlon e P.M. a nome do triatleta e club:
LaCaixa 2100 2335 59 0200088978
Unha vez pechado o prazo de inscrición estas non admiten modificación.
Percorridos e distancias: natación no río Lérez e unha distancia de 750 m. No ciclismo danse cinco voltas a un circuíto na Illa das Esculturas ( 20 Km. ). A carreira a pe son duas voltas a un circuíto polo Paseo do Lérez e a Illa das Esculturas ( 5 Km ).
Premios: trofeo os tres primeiros de cada categoría. E premio económico os tres primeiros da clasificación final absoluta, tanto masculina como feminina.
1º clasif. 90 euros / 2º clasif. 60 euros / 3º clasif. 30 euros
1º Club masc. e femin. 100 euros.
Mais información no telef. 607627672
Regulamento: A proba rexerase polas normas de competición da Federación Galega de Tríatlon e da Federación Española de Triatlón.
05 agosto 2009
Campeonato galego de Tri cros
O que vaia do club, que avise.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario