01 abril 2009

Concentración Semana Santa FEGATRI

Concentración Semana Santa
A Lanzada.- mércores 8 ó sábado 11 de Abril de 2009.- Alevín/ infantil/ Cadete e Junior con licenza federada ou escolar.

A/A DE TÓDOLOS CLUBS DE TRIATLÓN


Estimados amigos:

Como en anos anteriores a Federación Galega de Tríatlon convoca dentro do seu programa de tecnificación o Encontro de Triatletas, que se realizará como é costume na Semana Santa.

O obxectivo fundamental deste encontro é acadar un ambiente agradable de convivencia entre tódolos nosos deportistas, gozando ó mesmo tempo do deporte que nos une.

O encontro vai dirixido a categorías desde alevín a Junior e sempre nos é grato contar coa presenza de técnicos, sería bo polo tanto que participaran cando menos os técnicos dos clubs para intercambiar opinións e experiencias.


CONVOCATORIA DE CONCENTRACIÓN

Dirixida a : Deportistas federados ou mutualizados/as en duatlón escolar

Categorías (Alevín/infantil/cadete/xunior)

Lugar:

Albergue de A Lanzada.

Datas e horarios:

Incorporación: mércores, 8 de abril as 16:30h.

Saída: sábado, 11 de abril ás 16:30 h.

Lugar de Inscrición: Federación Galega de Triatlón

Ata o 4 de abril.

Custe da Inscrición:

45€ Ingresaranse na conta da Fegatri

LaCaixa 2100 2335 59 0200088978

Responsable técnico Luis Piña Refojos

A Federación coma en anos anteriores subvenciona outra parte por cada deportista


Para calquera dúbida podedes contactar coa Federación Galega a través do teléfono 982 251345 ou do correo electrónico, fegatri@hotmail.com

1 comentario:

Cristóbal Rodríguez dijo...

Ola Ke tal xai furi, gracia por firmar en mi web.
Bonito el Repor de Iroman.
a los Xicos les recomiendo la concentración, yo mismo la hice cuando era Infantil y Cadete
saludos Cristobal Rodriguez