03 agosto 2009

Triatlón de Allariz

Los del club que vayan que avisen cuanto antes.

Triatlón de Allariz
Organiza:Concello de Allariz e Federación Galega de Triatlón.
Patrocina: Concello de Allariz.
Data: 22 de Agosto
Hora de saída: 18:00h
Limite de inscrición de 150 participantes, por orde de formalización (completada) da inscrición ; si houbera máis de 110 inscritos faranse dúas saídas diferenciadas polo remate da natación.
Recollida de dorsais:
De 16:30h a 17:15h no mesmo día da proba, na Alameda de Allariz.
Control de Material:
16:45 a 17:45

Participantes:
Niste campionato poderán participar:
A/ Tódolos deportistas federados na F.G. de Triatlón.
B/ Aquelas persoas que fagan licencia de un día (custo 10€)
C/ Ter cumplidos 16 anos.

Categoría: Cadete (H/M), Júnior (H/M), Absoluta (H/M) e Veterán (H/M).

INSCRICIÓNS:
Os cadetes non pagan inscricón, só terán que facer o abono de licenza de 1 día si nons on federados.

Ata o mércores día 19 de agosto ás 14:00 h.
Non se admitirán inscricións incompletas ou fóra de prazo. Todas serán confirmadas na web
A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado Competicións /Inscricións.

Federados .-
Unha vez na carreira accederán cos códigos xa enviados a clubs e independentes no apartado inscricións á dereita da mesma. A inscrición formalizarase co envío do xustificante de pagamento a nome do club ou do deportista se é independiente. (5€). Gratuíta para cadetes

Licenzas 1 día:
Unha vez que acceda á carreira , realizarase a introdución de tódolos datos no formulario de inscrición que se abre á dereita da carreira (inscricións de licenzas de 1 día)
Formalizarase enviando (Copia do DNI e Xustificante de pagamento ó seu nome ) ó fax 982251345 ou mail fegatri@hotmail.com (Custe licenza de 1 día de 10 €+ 5€ Inscrición ) total ingreso 15€
O pagamento farase no Nº de conta da Federación Galega de Tríatlon e P.M.:
LaCaixa 2100 2335 59 0200088978

Unha vez pechado o prazo de inscrición estas non admiten modificación.

Distancias: Para tódalas categorías 750m-24Km.-5500m

Agasallos e Premios:
Trofeo para os tres primeiros clasificados de cada categoría (M/F), e para os tres primeiros clubs masculino e feminino.
Entregarase a cada participante unha camiseta conmemorativa do XX aniversario da proba.

Normas:
A proba rexerase polas normas de competición da Federación Galega de Triatlón.

2 comentarios:

pesca dijo...

A mi anotarme . ¿Que es de carretera?

Furacán dijo...

Si, de carretera.