Muy recomendable. El pasado año fuimos Jacobo, Bruno y Javier. Si alguien quiere información que pregunte a cualquiera.
El último puerto....bufff.
El último puerto....bufff.
REGULAMENTO XVI MARCHA CICLOTURISTA “VOLTA ÁS MARIÑAS"9 MAIO 2010
1. O CLUB CICLISTA RIAZOR coa debida autorización da F.G.C. e de acordo co Regulamento Xeral de Cicloturismo, organiza a XVI Marcha Cicloturista “Volta Ás Mariñas”, que se vai celebrar o vindeiro día 9 de maio do 2010.
2. A saída realizarase dende o POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE TARRIO (CULLEREDO) A CORUÑA, ás 09:00 horas.
3. Esta marcha esta clasificada pola F.G.C. como CICLO-RUTA DE MEDIO FONDO,estando aberta a tódolos ciclistas maiores de 16 anos que estean en posesión da licenza federativa do ano en curso. Quen non tivese licenza deberá obter obrigatoriamente un permiso temporal concedido pola F.G.C.
4. A proba esta limitada a 150 ciclistas considerándose como inscritos aqueles que teñan enviado a folla de inscrición en tódolos seus apartados e pagado a taxa de inscrición. (ver apartado inscricións)
5. Será obrigatorio o uso do casco protector.
6. A organización disporá durante o transcurso da proba dos servicizos de coche vasoira, asistencia sanitaria e ambulancia. 7. En ningún momento os participantes poderán adiantar o coche do Director de Carreira, quen poderá facer os reagrupamentos e cambios no percorrido que por razóns xustificadas estime oportuno. O incumprimento das indicacións dos membros da organización pode supoñer a descalificación do ciclista.
8. Tódolos participantes considéranse en excursión persoal, debendo someterse ás normas do vixente Regulamento Xeral de Circulación, considerándose persoalmente responsables das infraccións que poidan cometer.
9. Por motivos de seguridade do tráfico rodado e para non retrasar en exceso o horario previsto, establecerase en Castelo (km. 93) un control de paso. Os participantes que cheguen a este punto pasadas as 13:00 horas serán desviados cara a Celas de Peiro (Km. 112).
10.A inscrición nesta Marcha supón o acatamento do presente regulamento en tódolos seus termos, e exime de toda responsabilidade por perda de obxectos, lesións proprias e a terceiros, débedas que estes poidan contraer e calquera outra acción contra o Club Ciclista Riazor, patrocinadores e organización.
INSCRICIÓNS
Antes do día 4 de maio de 2010
-Cicloturista con licenza 15 €
-Cicloturista sen licenza 23 € *
Entre os días 4 e 9 de maio de 2010
-Cicloturista con licenza 18 €
-Cicloturista sen licenza 26 € *
(*) Se fará licenza por un día expedida pola F.G.C.
Ó FORMALIZAR A INSCRICIÓN ANTES DO 4 DE MAIO ENTRARÁS NO SORTEO DE DUAS PROBAS BG FIT. MAIS INFORMACIÓN NA PÁXINA www.ciclosquintena.es
PASOS A SEGUIR PARA REALIZAR A INSCRICIÓN
Por INTERNET:
* Preinscrición por Internet, cubrindo o formulario disponible na web:www.ccriazor.com.
* Unha vez realizada a preinscrición obterás indicacións de cómo realizar o pago vía e-mail.
* Comprobado o pagamento recibirás confirmación da inscrición vía e-mail.
Por CORREO ORDINARIO:
* Cumprimentando o boletín de inscrición e enviando por correo o enderezo que alí figura.
* Ingresar na conta de Caixa Galicia o importe debido indicando nome, apelidos e DNI.
Nº de conta: 2091 0516 60 3000061846
PERFIL XVI MARCHA CICLOTURISTA VOLTA ÁS MARIÑAS "LA ROMPEPIERNAS"
DESCRIPCION DO PERCORRIDO DA XVI VOLTA ÁS MARIÑAS
Como nestes últimos anos, a saída e meta estarán situados no polideportivo de Tarrío (CULLEREDO), desde onde o pelotón dirixirase cara O Burgo, centro neurálxico do concello, para dende alí enfilar a N-VI dende a Ponte da Pasaxe ate Betanzos. superando o primeiro repeito de Espíritu Santo.En Betanzos comezará a primeira dificultade "de verdade", co ascenso ó Alto de Irixoa (10,5 kms ó 4,5% de media, con rampas máximas do 10%), mediado o cal, ó paso por Paderne, darase inicio ó tramo libre. Dende o cumio os ciclistas enfilarán unha zona de tobogáns cara a subida a Montesalgueiro dende Muniferral (4 kms ó 6,5%), en cuio cumio estará situado o avituallamento.Dende alí, os ciclistas collerán de novo a N-VI, esta vez con dirección A Coruña, para baixar cara a Betanzos pola vertixinosa Costa do Sal e Coirós. Dende a Cidade dos Cabaleiros subirán cara a Infesta-Montellos (2 kms ó 7%), para atravesar o concello de Abegondo pola estrada que une Betanzos con Mesón do Bento.En Montouto, un xiro a dereita conducirá ó pelotón dirección Carral, cunha pequena subida , que enlazará, ó paso pola Vila dos Mártires, co tramo máis exixente do percorrido, as subidas enlazadas de Cabrois (1,1 kms con rampas do 13-14-15%) e Monte Xalo (2,4 kms con rampas do 10-11-12%), onde de novo estará situada a pancarta do Trofeo Supradyn.Despois dunha veloz baixada enlazaremos ca estrada de Cerceda que nos levará, en baixada tamen, ó Val de Celas tralo cal atoparemos, despois de subir no quilómetro final o repeito de O Gaiteiro, a ansiada meta.
INSCRICIONS EN: www.ccriazor.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario