03 mayo 2011

BIATLON ESCOLAR 2011

BIATLON ESCOLAR

NORMATIVA:
- Tódolos/as participantes teñen que competir na natación co bañador e gorro.
- Na carreira a pé, con zapatillas e camiseta ou top (sempre co torso cuberto)
- O tempo de natación marcará as diferenzas na saída da carreira a pé, saíndo sempre primeiro o máis rápido da natación.
- Haberá clasificación individual e por equipos.
- Os equipos son mixtos ( e non por xéneros) e teñen que ser sempre tres homes e tres mulleres os que sumen a súa puntuación para obter a final do equipo.

Nas finais provinciais haberá trofeos ou medallas na clasificación individual e por equipos un trofeo e medallas para os membros do equipo, que nunca poden superar os 8 compoñentes, nin ser menos de 6 (3M e 3F).
As distancias son:
Benxamín: 50m -500m
Alevín: 100m -500m
Infantil: 200m -1000m
Cadete: 400m – 2000m

As datas das finais provinciais son:
Coruña (Arzúa) 14 de Maio
Lugo (Vilalba), día 15 de Maio
Ourense (Maside), 21 de Maio
Pontevedra, 21 de Maio

A final galega será o día 28 de Maio, e clasificaranse para ela os/as 8 primeiros clasificados (por xenero) e os dous primeiros equipos mixtos.
O lugar será nas instalacións do INEF, en Bastiagueiro (Oleiros)

No hay comentarios: