Un ano máis a Mancomunidade Terra de Celanova en colaboración co concello de Quintela de Leirado organiza a
IV RUTA BTT TERRA DE CELANOVA.
Terá lugar o 1 de xullo de 2012, ca saída, coma sempre, no concello de Quintela de Leirado.
Aduxntámosvos o regulamento. As inscricións están abertas desde XA e con límite de 150 participantes.
O domingo día 1 de Xullo terá lugar a IV Ruta BTT Mancomunidade Terra de Celanova.
REGULAMENTO XERAL DE OBRIGADO CUMPRIMENTOArt.1. A IV Ruta BTT Mancomunidade Terra de Celanova está aberta a todo aquel que dispoña da maioría de idade ou 16 anos con autorizacións de pais ou titores e que teña completado satisfactoriamente o proceso de inscrición. INSCRIPCIÓNS LIMITADAS A 150 PARTICIPANTES.
Art2. Conta cun recorrido de dificultade media-alta que oscilará entre os 35 e 45 Km (ainda por determinar). A Mancomunidade Terra de Celanova como organizador do evento, resérvase o dereito de modificar o recorrido cando as circunstancias ou autoridades así o recomenden. A saída oficial da ruta será ás 9.00 horas e o peche do control será ás 14.30 horas.
Art3. Pódese facer a inscrición ata o mércores dia 27 de xuño en:
- www.championchipnorte.com pagando por TPV virtual totalmente seguro.
- http://www.terradecelanova.es/index.php?option=com_artforms&formid=1&Itemid=94
Despois de cubrir o formulario, deberá realizarse o pago no número de conta:
2080-0292-91-0040038650 da entidade NOVAGALICIABANCO
por un importe de 15 euros, facendo constar nome, apelidos e DNI do participante. Ningunha inscripción se considerará en firme ata que non se efectúe o pago da mesma.
Os participantes tamén poderán inscribirse via mail, enchendo a ficha de inscrición e enviandoa xunto co xustificante bancario, á dirección terradecelanovasaudable@hotmail.com, ou por fax o 988451646 (verificar envío) ou nas oficinas da Mancomunidade. O número máximo de participantes será de 150. Calquera duda ou aclaración pódese resolver chamando o teléfono
988451646 (preguntar por Nazaret ou Víctor quenes aclararán as peticións correspondentes).
O pago deste importe da dereito a participar na ruta BTT, portando obligatoriamente o dorsal, a acceder ás duchas ó termino da mesma, a recibir un obsequio conmemorativo da súa participación (chave multiferramenta) a repoñer enerxías cun xantar na zona sinalada para o mesmo (Hostal*** O Miradoiro), o sorteo de varios obsequios e a disfrutar das instalacións das piscinas municipais de Quintela de Leirado gratuitamente nese día. Os acompañantes tamén poderán acceder á comida e as piscinas previo pago de 8 euros na mesma conta indicando
nome, apelidos e a referencia “acompañante”; na inscripción on-line por
www.championchipnorte.com xá podes seleccionar esa opción no momento de inscribirte.
Art4. Poderase efectuar a recollida de dorsais:
1. No control de saída, situado en Quintela de Leirado, na porta do concello
(Leirado s/n) entre ás 8.00 e ás 8.45 horas do propio día 1 de xullo.
Art5. Todo participante inscrito está obrigado a levar casco e a seguir as indicacións dos axentes da autoridade e o persoal da organización habilitado.
Art6. Todo participante deberá situarse por detrás do vehículo da organización que se identifique como de apertura da proba e non rebasalo en ningún caso.
A organización declina toda responsabilidade naqueles casos que por falta de
cumprimento do presente regulamento, da Lei de seguridade vial, así coma das instruccións dadas polo persoal habilitado pola organización, se poideran producir danos físicos ou morais, propios ou a terceiros, así coma outro tipo de prexuicios ou accidentes que por estas causas se
poideran ocasionar.
A organización resérvase o dereito de emprender as accións que consideren pertinentes
naquela persoa que non presente o comportamento debido ou faga caso omiso as indicacións que
reciba por parte dos membros habilitados pola organización.
Art7. A Ruta BTT ten un carácter lúdico polo que non se realizará ningún tipo de clasificación, nin mención especial de orden de chegada considerando que tódolos participantes oficialmente inscritos e que realicen o percorrido completo son os verdadeiros vencedores deste evento
deportivo.
Art8. A bicicleta que se utilizará será de montaña e, recoméndase levar vestimenta adecuada e bote de auga ou mochila de hidratación.
Art9. A aceptación (inscribíndose) do presente regulamento implica que o participante da o seu consentimento á Organización para que poida utilizar a súa imaxe para a promoción e difusión da Ruta BTT da Mancomunidade Terra de Celanova en tódalas súas formas (internet, carteis, medios de comunicación, etc).
Art.10. Os avituallamentos serán:
1. Líquido + sólido
2. Líquido + sólido
3. Líquido + sólido
Art12. O feito de inscrición nesta proba supón a aceptación do presente regulamento e a renuncia a tódolos dereitos contra a Organización.
Art.13. Recoméndase levar o día da proba a seguinte documentación: DNI, xustificante da inscrición ou xustificante de pago por se fose necesario.
CÓMO CHEGAR
Celanova é o punto de confluencia de dúas importantes vías de comunicación: a N-540
(Ourense-Portugal) e a C-531 que une A Cañiza con Xinzo de Limia. Ademáis na comarca hai un
acceso desde a N-540 a A-52 a través de A Mezquita no concello de A Merca.
Desde Ourense
Para chegar a Quintela de Leirado desde Ourense, temos que chegar a Celanova (26 Km), e unha vez na entrada da vila collemos a dereita dirección Cortegada – Quintela de Leirado, carretera comarcal 531 (dirección A Cañiza, Cortegada), e o chegar a menos dun Km.
tomar unha desviación á esquerda da comarcal OU-0209 dirección Quintela de Leirado. Estáben sinalizado.
Pasado un pequeno alto encontraremonos ca aldea de SANTA EUFEMIA (Milmanda). A continuación ven CARRACEDO e despois chegan a LEIRADO (aproximadamente 15 minutos).
Desde A Cañiza
Unha vez na Cañiza collemos dirección Cortegada, unhos 13 Km aproximadamente e alí dirección Celanova. Ó chegar a Celanova collemos no campo de fútbol á dereita, a carretera OU-0209 dirección Quintela de Leirado.
Distancias aproximadas:
OURENSE: 26 Km.
SANTIAGO: 137 Km.
PONTEVEDRA: 103 Km.
Para calquera dúbida quedamos a vosa disposición no teléfono 988451646 ou nas oficinas da Mancomunidade Terra de Celanova.
No hay comentarios:
Publicar un comentario