29 diciembre 2009

Toma de tempos tríatlon 2010

A/a CLUBS/ADESTRADORES/DEPORTISTAS

CONVOCATORIA:

TOMA DE TEMPOS AUTONÓMICA (ESCUELA)

Pola presente comunicámoslles que a Federación Galega de Triatlón ten prevista, dentro do calendario de tecnificación 2010, a realización dunha toma de tempos no mes de xaneiro en Pontevedra.
As tomas de tempos estan dirixidas a CADETES e JUNIOR (si se considera importante a asistencia dalgún infantil de último ano pode solicitarse á Federación).
A toma de tempos realizarase en Pontevedra no CGTD nos horarios que se acompañan.

PONTEVEDRA

Data- Sábado 23 de xaneiro de 2010

Horario: 10:30 a 18:30 horas (inclúe comida)

Lugar: Centro Galego de Tecnificación Deportiva-Pontevedra

PROBAS A REALIZAR:

Natación: 100m. e 1000m.

Carreira: 400m e 1000 m.

Responsable técnico: Luis Piña Refojos

Oficial Responsable : Fernando Carvajal Mosquera

A presenza nestas tomas de tempos é necesaria para poder ser incluídos no Plan Nacional de Tecnificación Deportiva da Federación Española.

Deberase confirmar asistencia ata o dia 21 de xaneiro ás 14:00 h.na Federación Galega enviando os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, Data de Nacemento e Club.
Ademais será necesario que os deportistas menores acudan coa autorización dos seus pais e que todos posúan a licenza federativa de tempada ou tramitar a licenza de 1 día (o trámite desta última tería un custe de 12 euros).

El miembro del Club (escuela) que desee ir, lo deberá comunicar a la mayor brevedad posible

Tlf/Fax 982 251 345

Email: fegatri@ hotmail.com

No hay comentarios: