Los de la escuela que estéis libres este puente podéis ir a esta carrera, participan bastantes niños y no está mal, yo iré. Además siempre podéis aprovechar alguna de las actividades que hacen dentro en Expourense:
A XIª Edición da Carreira Popular Expourense-Megaxove, organizada polo Clube Ourense Atletismo Academia Postal co patrocinio do Consello Municipal de Deportes-Concello de Ourense, da Secretaría Xeral para o Deportes da Xunta de Galicia e de Expourense, contando co permiso da Federación Galega de Atletismo, disputarase o próximo Mércores, día 8 de decembro de 2010 a partires das 11:15 horas, nas inmediacións dos recintos de Expourense e do Pazo dos Deportes "Paco Paz" na cidade de Ourense.A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Ourense).As inscricións poderanse realizar ata as 20:00 horas do luns día 6 decembro, non admitindose inscricións despois de dito prazo, nin no mesmo día da carreira.A inscrición para as categorías con chip formalizarase a través dun formulario específico a cubrir na páxina web de www.championchipnorte.com.O resto de categorías (cativos e benxamín) formalizarán a súa inscrición a través da dirección de correo club@ourenseatletismo.com.Os dorsais e chips serán entregados o mesmo día da proba, desde as 10:00 horas da mañá e ata 30 minutos antes do comezo de cada carreira.
Establécense as seguintes categorías:
Cativos ............................................ nad@s en 2004 e con posterioridade
Benxamín ....................................... nad@s en 2002 e 2003
Alevín ............................................. nad@s en 2000 e 2001
Infantil ............................................ nad@s en 1998 e 1999
Cadete ............................................ nad@s en 1996 e 1997
Xuvenil ............................................ nad@s en 1994 e 1995
Iúnior .............................................. nad@s en 1992 e 1993
Promesa – Sénior ........................... nad@s entre 1976 e 1991
Veteráns A (homes e mulleres) ...... nad@s entre 1966 e 1975
Veteráns B Homes .......................... nados entre 1956 e 1965
Veteráns C Homes .......................... nados en 1955 e con anterioridade
Veteráns D Mulleres ....................... nadas en 1965 e con anterioridade
Horario das probas, percorrido e distancias aproximadas:
11:15 . Alevín – Infantil mulleres ............ 1 volta G ........... 1.200 m.
11:25 . Alevín – Infantil homes ........... 1 volta P + 1 volta G ... 2.050 m.
11:40 . Cadete – Xuvenil mulleres .......... 1 volta P + 1 volta G .... 2.050 m.
11:55 . Cadete – Xuvenil homes ..............3 voltas G ............... 3.600 m.
12:20 . Iúnior‐Promesa‐Sénior‐Veteráns .... 5 voltas G .............. 6.000 m.
12:55 . Benxamín Mixto ....................... 1 volta P ............... 850 m.
13:05 . Cativos ................... Mini volta .................. 300 m.
No hay comentarios:
Publicar un comentario