12 diciembre 2011

Convocatoria Toma de tempos FEGATRI


CONVOCATORIA:
                                   TOMA DE TEMPOS AUTONÓMICA
 
            Pola presente comunicámoslles que a Federación Galega de Tríatlon ten prevista, dentro do calendario de tecnificación 2012, a realización  dunha toma de tempos no mes de xaneiro en Pontevedra.
As tomas de tempos están dirixidas a CADETES e JUNIOR (si se considera importante  a asistencia dalgún infantil de último ano pode solicitarse á Federación).
A toma de tempos realizarase en Pontevedra no CGTD nos horarios que se acompañan.

PONTEVEDRA
             
            Data-               Sábado 21 de xaneiro de 2012
            Horario:           10:30 a 19:30  horas (inclúe comida)
            Lugar:              Centro Galego de Tecnificación Deportiva-
             
PROBAS A REALIZAR:
            Natación:         100m. e 1000m.
            Carreira:          400m e 1000 m.
 
            Responsable técnico:  Luís Piña Refojos          
             Oficial Responsable :  Roi Cuba Dorado

 A presenza nestas tomas de tempos é necesaria para poder ser incluídos no Plan Nacional de Tecnificación Deportiva da Federación Española.

Deberase confirmar asistencia ata o mércores,  dia 18 de Xaneiro ás 14:00 h.na Federación Galega enviando os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, Data de Nacemento e Club. Ademais será necesario que os deportistas menores acudan coa autorización dos seus pais e que todos posúan a licenza federativa de tempada ou tramitar ata a licenza de 1 día (o trámite desta última tería un custe de 12 euros).
Tlf: 982 251 345
Fax 982 109 800
Email: fegatri@ hotmail.com

No hay comentarios: