O vindeiro 31 de decembro, celébrase en Allariz, a Derradeira do Ano, unha tradicional carreira popular que transcorre polo casco histórico de Allariz e arredores e que despide ó presente ano 2011.
Pero este ano, a Derradeira do Ano é especial xa que torna un carácter solidario baixo o lema un dorsal por un kilo de comida. Entregaráselle un dorsal a todas aquelas persoas que desexen participar na carreira e aporten un kilo de comida que será destinada ós máis desfavorecidos, a través de Cáritas de Allariz.
A Derradeira terá lugar o vindeiro 31 de decembro con saída na Praza Maior ás 16:30h para os nen@s de ata 14 anos, e as 17:00h para os senior.
Ó remate da carreira haberá agasallos para os gañadores masculino e feminino, e ademais haberá chocolotada para todos os participantes. Tamén será o momento da entrega dos alimentos recollidos a Cáritas de Allariz.
O prazo de inscrición para participar na carreira, que comeza hoxe, debe formalizarse na piscina municipal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario