12 marzo 2012

Encontro de menores Semana Santa.


A/A DE TÓDOLOS CLUBS DE TRíATLON

Estimados amigos:
Como en anos anteriores a Federación Galega de Tríatlon  convoca dentro do seu  programa de tecnificación o Encontro de Triatletas, que se realizará como é costume en Semana Santa.
O obxectivo fundamental deste encontro é acadar un ambiente agradable de convivencia entre tódolos  nosos deportistas, gozando ó mesmo tempo do deporte que nos une.
O encontro vai dirixido a categorías desde alevín a Junior e sempre nos é grato contar coa presenza de técnicos, unha vez máis lembramos que sería bo contar coa participación cando menos dos técnicos dos clubs para intercambiar opinións e experiencias.

CONVOCATORIA DE ENCONTRO DE MENORES
Dirixida a :     Deportistas federados ou mutualizados/as en dúatlon escolar
                        Categorías (Alevín/infantil/cadete/xunior)
Lugar:
                        Albergue de GANDARIO (Sada- A Coruña).
Datas e horarios:
            Incorporación:            Luns, día 2 de abril a partir das 11:00h.
            Saída:                          Xoves, día 5 de abril ás 17:00 h.

Inscricións:                
                                               Do 12 ata o 19 de marzo.

Custe da  Inscrición a aboar por participante:       70,00€

Nº de conta para o ingreso:
Federación Galega de P.M. e Tríatlon
Banco Sabadell 0081 5223 16 0001338040
Enviar datos persoais e xustificante de pago ó email fegatri@hotmail.com ou ó fax 982 109 800
               
Responsable técnico   Luis Piña Refojos
                                 (O encontro será supervisado por cinco técnicos da Fegatri)
 <><><>

Para calquera dúbida podedes contactar coa Federación Galega a través do teléfono 982 251345 ou do correo electrónico, fegatri@hotmail.com Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver
En Lugo, a 12 de marzo de 2012.
Federación Galega de Tríatlon e P.M.
 

No hay comentarios: