30 abril 2011

A/Att. Clubs e triatletas- Inscricións Cpto Europa Grupos de Edade- Pontevedra

Pola presente comunícase a tódolos Clubs que se está negociando coa ITU a ampliación de prazas, para participar no Cpto de Europa de Grupos de Edade, para os nosos triatletas.
Tendo en conta que seguro que haberá moitos dos vosos triatletas que non conseguiron clasificarse e lles gostaría participar nesta proba que se celebra por primeira vez na nosa terra, decidiuse abrir unha inscrición, xa que para poder negociar mellor coa ITU sería importante ter un listado na man.
Os triatletas que desexen participar deberán enviar os seus datos, individualmente ou a través do club á Federación Galega antes do 15 de maio.

Pregámosvos fagades extensiva a presente comunicación a tódolos vosos deportistas.

Un saúdo,


Mónica Flores Ferreiro
Federación Galega de Tríatlon e P.M.

No hay comentarios: