1. REGULAMENTO
1. O CLUB CICLISTA RIAZOR coa debida autorización da F.G.C. e de acordo co Regulamento Xeral de Cicloturismo, organiza a XVII Marcha Cicloturista “Volta Ás Mariñas”, que se vai celebrar o vindeiro día 8 de maio do 2011.
2. A saída realizarase dende o POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE TARRIO (CULLEREDO) A CORUÑA, ás 09:00 horas.
3. Esta marcha esta clasificada pola F.G.C. como CICLO-RUTA DE MEDIO FONDO, estando aberta a tódolos ciclistas maiores de 16 anos que estean en posesión da licenza federativa do ano en curso. Quen non tivese licenza deberá obter obrigatoriamente un permiso temporal concedido pola F.G.C.
4. A proba esta limitada a 150 ciclistas considerándose como inscritos aqueles que teñan cuberto o impreso de inscrición en tódolos seus apartados e pagado a taxa de inscrición. (ver apartado inscricións)
5. Será obrigatorio o uso do casco protector.
6. A organización disporá durante o transcurso da proba dos servizos de coche vasoira, asistencia sanitaria e ambulancia.
7. En ningún momento os participantes poderán adiantar o coche do Director de Carreira, quen poderá facer os reagrupamentos e cambios no percorrido que por razóns xustificadas estime oportuno. O incumprimento das indicacións dos membros da organización pode supoñer a descalificación do ciclista.
8. Tódolos participantes considéranse en excursión persoal, debendo someterse ás normas do vixente Regulamento Xeral de Circulación, considerándose persoalmente responsables das infraccións que poidan cometer.
9. Por motivos de seguridade do tráfico rodado e para non retrasar en exceso o horario previsto, establecerase en Carral (km. 94) un control de paso. Os participantes que cheguen a este punto pasadas as 13:00 horas serán desviados cara a Celas de Peiro (Km. 114).
10. A inscrición nesta Marcha supón o acatamento do presente regulamento en tódolos seus termos, e exime de toda responsabilidade por perda de obxectos, lesións propias e a terceiros, débedas que estes poidan contraer e calquera outra acción contra o Club Ciclista Riazor, patrocinadores e organización.
2. PROCESO DE INSCRICIÓN
A cota de inscrición será de 15€ ata o día 2 de Maio e 18€ ata o día 6 de Maio, día do peche da inscrición.
Quen non tivese licenza debera obter obrigatoriamente un permiso temporal concedido pola Federación, ó realizar a inscrición, tendo que pagar un suplemento de 12€ aparte da inscrición.
Pasos a seguir para realizar a inscrición por medio de internet:
a) Inscrición por Internet, cubrindo o formulario dispoñible na web: www.ccriazor.com .
No hay comentarios:
Publicar un comentario