Achégovos a última versión do Regulamento de Competicións aprobada recentemente pola Federación Española, que será a que tomemos por referencia a partir de agora.
As modificacións máis salientables respeto a versión do 2010 son:
1. Clarificación nas denominacións das distancias das diferentes modalidades.
2. Modificación na modalidade de acuatlón, para temperaturas inferiores a 18ºC, onde se reconvirte a Natación + a suma das duas carreiras.
3. Aplicación das sancións por tempo por irregularidades na transición nas competicións Elite.
4. Modificación das distancias de drafting, pasando de 7 metros de roda traseira a roda diantera; a 10 ou 12 (solo Elite), de roda dianteira a roda dianteira
5. Regulamento completo de ParaTriatlón.
Como podedes ver non son cambios moi importantes, pero non está de máis darlle unha lectura completa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario