O galego Javier Gómez Noya chegará ao aeroporto de Peinador (Vigo) o luns 13 de agosto ás 17:00 horas.
O triatleta galego logrou a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de
Londres o mércores pasado e regresa a casa coa presea na man, un dos
poucos obxectivos que lle quedaban por conseguir a este deportista, que
xa logrou o título de campión do mundo (2008 e 2010) e de Europa (2007,
2009 e 2012).
No hay comentarios:
Publicar un comentario