04 octubre 2013

Stop Accidentes: Día da Bici Carballiño

O  domingo día 13 de Outubro en O Carballiño, organízase unha edición máis do día da bici. A presentación de dito acto será hoxe as 12 da na praza de abastos de dita localidade, coa presenza deautoridades municipáis e Luis Piña en representación da FEGATRI.
A marcha, nesta ocasión, pretende sensibilizar á opinión pública no referente ós accidentes de tráfico nos que están os ciclistas en clara desvantaxe, respecto os automóbiles. Esta iniciativa parte da Federación Galega de Tríatlon, secundada polo concello do Carballiño. É o primeiro acto doutros previstos a nivel galego no que se pretende concienciar á opinión pública ante tal problemática.



No hay comentarios: