29 noviembre 2010

CONVOCATORIA: TOMA DE TEMPOS AUTONÓMICA

Pola presente comunicámoslles que a Federación Galega de Tríatlon ten prevista, dentro do calendario de tecnificación 2011, a realización dunha toma de tempos no mes de xaneiro en Pontevedra.
As tomas de tempos estan dirixidas a CADETES e JUNIOR (si se considera importante a asistencia dalgún infantil de último ano pode solicitarse á Federación).
A toma de tempos realizarase en Pontevedra no CGTD nos horarios que se acompañan.

PONTEVEDRA

Data- Sábado 22 de xaneiro de 2011
Horario: 10:30 a 18:30 horas (inclúe comida)
Lugar: Centro Galego de Tecnificación Deportiva-
Pontevedra

PROBAS A REALIZAR:
Natación: 100m. e 1000m.
Carreira: 400m e 1000 m.

Responsable técnico: Luis Piña Refojos
Oficial Responsable : Roi Cuba Dorado

A presenza nestas tomas de tempos é necesaria para poder ser incluídos no Plan Nacional de Tecnificación Deportiva da Federación Española de Triatlón.

Deberase confirmar asistencia ata o dia 19 de xaneiro ás 14:00 h.na Federación Galega, enviando os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, Data de Nacemento e Club.
Ademais será necesario que os deportistas menores de edade acudan cunha autorización escrita dos seus pais e que todos posúan a licenza federativa de tempada ou tramitar a licenza de 1 día (o trámite desta última tería un custe de 12 euros).

Tlf/Fax 982 251 345
Email: fegatri@hotmail.com

No hay comentarios: