30 julio 2013

Nova data: Cto. Galego Acuatlón/I Acuatlón Concello Porto do So

O próximo domingo, 04/08/2013, celebrarase o Campionato Galego de Acuatlón no Concello de Porto do Son.
A inscrición estará aberta ata mañá, mércores (ás 12 da noite), para que se podan dar as baixas e altas que se precisen. Licencias de un día, deben envíar un correo á Federación pedindo a súa baixa (enviar número de conta para a devolución).
De non haber cambios manterase a inscrición que tíñamos para o domingo pasado.
A proba dará comezo ás 10:00 horas (ver novo regulamento -subirase durante a mañá á web da Federación).

No hay comentarios: