26 julio 2013

Suspensión Cto Galego Acuatlón

COMUNICADO:
SUSPÉNDESE O CTO. GALEGO DE ACUATLÓN/I ACUATLÓN CONCELLO PORTO DO SON
Recibida chamada telefónica da Secretaría Xeral Para o Deporte (Xunta de Galicia) comunicando que se suspenden todos os Campionatos Autonómicos de todas as Federacións Deportivas por mor do desgraciado accidente de tren ocurrido en Santiago o mércores, 24 de xullo de 2013, a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno xunto co Club Triatlón Arcade Inforhouse Santiago comunican a suspensión da proba do Campionato Galego de Acuatlón que se ía celebrar este domingo, 28 de xullo no Concello de Porto do Son (A Coruña).
Nova data:O próximo luns reunirase de urxencia a Comisión Delegada da Federación, polo que o martes xa estará publicada a nova data.

No hay comentarios: