A Federación Galega
de Tríatlon e Péntatlon Moderno xunto coa Universidade de Vigo, quere
participar nun estudo para coñecer científicamente a incidencia das lesións
deportivas no Tríatlon.
Como ben sabedes,
neste xoven deporte, non existen a día de hoxe practicamente estudos serios
acerca nin das lesións específicas do mesmo, nin dos motivos. É por iso, que
consideramos importantísimo que existan e nosoutros queremos colaborar
activamente.
Por isto,
pedímosvos a máxima difusión entre os vosos deportistas para que de xeito
anónimo participen e dende a FEGATRI tamén directamente trataremos de chegar á
mayor participación posible.
Agradecendo de
antemán a vosa colaboración e participación, recibide un cordial saúdo.
Federación
Galega de Triatlón e P.M.
CUESTIONARIO
Ó tratarse dun deporte tan novo, case non existen estudos
epidemiolóxicos que podan axudarnos a coñecer a incidencia das diferentes
lesións e o tipo das mesmas no noso deporte. Sería bon coñecer esta incidencia
xa que podería axudarnos a realizar un labor preventivo e a desenrrolar
protocolos con ese fin.
Así,
en colaboración coa Fegatri, ponse en marcha este pequeno
estudo a través da Universidad de Vigo, mediante 3 cuestionarios
totalmente
anónimos que se realizarán totalmente on-line, sendo o obxectivo deste
traballo valorar a incidencia das lesións, así como os diferentes
factores que podan
interferir nas mesmas.
Únicamente hai que pinchar nos 3 links que se atopan abaixo,
encher o cuestionario e pinchar no apartado "enviar" ó rematalo.
Estes datos chegarannos de maneira TOTALMENTE ANÓNIMA (en ningún momento
aparecerá nome, club, cidade ou outros datos que poidan identificar ó suxeito),
e serán tratados con fines docentes e investigadores.
Prégase a máxima participación posible, xa que consideramos que
pode ser moi interesante ó manexar datos reais da nosa poboación. Con tal fin,
darase de prazo a contestar ata o próximo 10 de setembro. Sen máis, moitas grazas pola colaboración.
https://docs.google.com/forms/d/1w2IhdYL2-TV7mbpCAF8U9Yovrl5ctUKHrOdHtAKuK-4/viewform
No hay comentarios:
Publicar un comentario