O 31 de outubro pechouse a solicitude de probas para confeccionar o
calendario 2014, comunícovos que o número de probas segue medrando con
respecto á pasada tempada.
Os xuíces son unha parte importante no desenvolvemento da competición e o número co que contamos a día de hoxe non é suficiente para facer fronte a este calendario coa calidade que se precisa, é por iso que pido a vosa colaboración como organizadores, clubs e resto de estamentos aos que dirixo esta circular para que entre todos poidamos seguir dándolle ás nosas probas a calidade que precisan.

**Nota.- Podería facerse un curso en calquera localidade, onde xuntásemos un mínimo de 10 participantes.
Ábrese o prazo de solicitude para un curso de Xuíces, que se celebrará no próximo mes de xaneiro nas provincias galegas.
CURSO: OFICIAL TÉCNICO NIVEL I DE TRÍATLON
Data: 11 de xaneiro de 2014
Horario: 10:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00
Custe: 25€
Colectivo: Persoas que queiran iniciarse na arbitraxe do Tríatlon en Galicia. (maiores de 16 anos con graduado en ESO ou equivalente)
Prazo de solicitude: Ata o 2 de xaneiro de 2014.
Solicitude curso
No hay comentarios:
Publicar un comentario