24 julio 2012

Triatlón por equipos Allariz

Aberto o prazo de inscrición para participar no Triatlón relevos por equipos

Ampliar Foto...

Allariz acollerá o vindeiro 4 de agosto, o Triatlón por equipos cuxo prazo de inscrición está aberto na Federación Galega de Triatlón.

Nace hai dez anos por iniciativa dos deportistas alaricanos, o Triatlón por equipos congrega a máis de cen participantes en grupos de tres, especializados cada un deles na carreira, no ciclismo ou na natación.

O 4 de agosto, ás 17:00h dende a Alameda, darase a saída para os equipos benxamín, alevín, infantil e cadete, de 8 a 16 anos. Ó remate, ás 18:00h, será a quenda dos equipos xuvenil e senior, a partir dos 16 anos.
O prazo de inscrición está aberto a través da Federación Galega d eTriatlón (www.fegatri.org) Máis información na Piscina municipal, no teléfono 988442083 ou no enderezo electrónico piscina@allariz.com

No hay comentarios: